RT Generic T1 Os residuos de competencia municipal na Galiza: análise dende unha perspectiva circular A1 Páramo Telle, Óscar K1 Economía circular K1 Circular economy K1 Xestión dos residuos K1 Gestión de los residuos K1 Waste management K1 Reciclaxe K1 Reciclaje K1 Recycling K1 Galicia K1 Galiza AB A Economía Circular preséntase como un novo paradigma económico acorde cos límites físicos da Terra. Dado o seu carácter multidisciplinar e a súa numerosa diversidade de enfoques, os indicadores existentes para cuantificala varían amplamente. Unha vez analizado como xurdiu o concepto, que diferentes maneiras de entendelo existen e algúns dos indicadores existentes, tentarase facer unha aproximación da medición da Economía Circular nalgunha das súas dimensións na Galiza. Tendo en conta as limitacións estatísticas existentes derivadas da novidade do termo, e malia saber que a xestión dos residuos e a reciclaxe son só actividades necesarias froito do sistema económico lineal imperante, estas centrarán o groso do estudo. Tras analizar o Plan de Xestión de Residuos Urbanos de Galiza 2010-2020, estudarase a xeración dos residuos de competencia municipal total e per cápita para eses anos. Ademais, analizaranse os diferentes modelos de xestión existentes na actualidade no país. Unha vez realizado isto, e en concordancia cos indicadores propostos por Eurostat, calcularase unha estimación das taxas de reciclaxe totais e por fluxos específicos de residuos na Galiza para observar se se acadaron os obxectivos marcados. YR 2021 FD 2021 LK http://hdl.handle.net/10347/27018 UL http://hdl.handle.net/10347/27018 LA glg NO Traballo Fin de Grao en Economía DS Minerva RD 4 may 2026