RT Book,_Whole T1 As leguminosas de Gran. Aspectos xerais A1 Ruiz Nogueiras, Benigno AB Seguindo a mesma estrutura do bloque precedente, esta unidade didáctica, primeira do bloque III, é un tema xeral referente á temática de que trata o mencionado bloque: o cultivo de plantas para gran da familia das leguminosas. En consecuencia, a súa finalidade é a de dar unha visión de conxunto destes cultivos, para, a continuación estudar os máis importantes, a razón de un por tema.Estas unidades que seguen, adoitando un artellamento similar ao do bloque II (dedicado aos cereais), comezan abordando as leguminosas de sementeira de outono-inverno coas de verán. De entre as primeiras, estúdanse o chícharo, a faba loba, o tremoceiro, os garavanzos e aslentellas e das do grupo estival, a soia e a faba.Na unidade didáctica 12 dáselle un repaso á clasificación botánica, as características morfolóxicas das Papilonáceas, á súa importancia económica e agrícola, e descríbense os principais estadíos de desenvolvemento. Estúdase tamén a importancia das leguminosas nasalternativas de cultivo, a súa capacidade rexeneradora de solos empobrecidos e a necesidade de inocular con Rhizobium no caso de algunhas especies. PB Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico SN 978-84-9887-129-6 YR 2009 FD 2009 LK http://hdl.handle.net/10347/33931 UL http://hdl.handle.net/10347/33931 LA glg NO Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüística DS Minerva RD 24 abr 2026