RT Journal Article T1 A cultura do marisqueo na ría de Muros-Noia A1 Jiménez Esquinas, Guadalupe K1 Marisqueo K1 Xénero K1 Feminismo K1 Patrimonio cultural inmaterial K1 Galicia AB Este capítulo deriva dun traballo de documentación e investigación sobre o marisqueo na ría de Muros-Noia e a súa relación coa categoría de Patrimonio Cultural Inmaterial (PCI). Esta investigación foi impulsada polas confrarías de pescadores de Muros, Noia, Portosín e Porto do Son, os concellos da ría e contou co apoio do GALP Costa Sostible. O obxectivo destas institucións era impulsar un proceso de patrimonialización na procura dunha serie de accións que garantan a sustentabilidade e viabilidade do marisqueo en tanto que actividade social e cultura, fomentando o seu coidado por parte das comunidades e asegurar así a súa sustentabilidade tamén no futuro.A súa metodoloxía foi etnográfica, o método de investigación característico da antropoloxía social, contando con observación participante, diarios de campo, entrevistas en profundidade, fotografías e a triangulación con outra bibliografía, documentos e datos estatísticos. A investigación foi desenvolvida entre os meses de abril e agosto do 2021, nun contexto marcado pola pandemia da COVID-19. Como resultado da investigación publicouse un informe titulado “Cultura do Marisqueo na ría de Muros-Noia” orientado a servir como documentación e apoio para que as organizacións máis próximas ao marisqueo puideran candidatarse a algunha figura de protección dentro da categoría do PCI. PB A.C. Barbantia SN 1889-0946 YR 2025 FD 2025-12-12 LK https://hdl.handle.net/10347/45097 UL https://hdl.handle.net/10347/45097 LA glg NO Jiménez-Esquinas, Guadalupe (2025) A cultura do marisqueo na ría de Muros-Noia. En Manuel Cartea e Xoán Pastor Rodríguez Santamaría (coords.) Barbantia: Anuario de Estudos do Barbanza, 21, pp. 59-69. NO HabitPAT: Los cuidados del patrimonio (PID2020-118696RB-I00) está financiado por el Ministerio de Ciencia e Innovación y la Agencia Estatal de investigación (http://dx.doi.org/10.13039/501100011033) DS Minerva RD 28 abr 2026