RT Book,_Whole T1 A extinción da responsabilidade criminal A1 Pérez Rivas, Natalia A1 Vázquez-Portomeñe Seijas, Fernando A1 Guinarte Cabada, Gumersindo K1 Dereito Penal K1 Responsabilidade criminal K1 Extinción K1 Antecedentes penais AB A comisión dun feito punible, entendendo por tal un feito tipicamente antixurídico e persoalmente imputable no que non concorra ningunha causa de exclusión da punibilidade, da lugar ao xurdimento tanto de responsabilidades penais como civís. A extinción das responsabilidades penais, que non supón automaticamente a paralela extinción da responsabilidade civil, terá lugar, exclusivamente, pola concorrencia dalgunha das causas enumeradas no artigo 130 do Código Penal (en adiante CP), a saber: a morte do reo, o cumprimento da condena, a remisión definitiva da pena, o indulto, o perdón do ofendido, a prescrición do delito e a prescrición da pena. O ditado dunha sentenza condenatoria, ademais de impor unha ou varias penas principais ou accesorias, tamén produce outros efectos non previstos expresamente nela. Estes efectos, que perduran durante un determinado tempo ata despois de cumprida a pena ou extinguida doutra forma a responsabilidade criminal, son manifestacións dos antecedentes penais que, trala sentenza firme, son inscritos no Rexistro Central de Penados e Rebeldes. Pois ben, para poder cancelar os antecedentes penais e todos estes efectos, o artigo 136 CP establece un presuposto, un procedemento e uns requisitos. Ao estudo destas cuestións adicarase a presente unidade didáctica. PB Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da Universidade de Santiago de Compostela SN 978-84-9887-890-5 YR 2012 FD 2012 LK http://hdl.handle.net/10347/32967 UL http://hdl.handle.net/10347/32967 LA glg NO MATERIA: Dereito Penal I (Parte Xeral) DS Minerva RD 23 abr 2026