RT Book,_Whole T1 Química dos metais de transición e os seus compostos de coordinación A1 Pedrido Castiñeiras, Rosa K1 Química de Coordinación K1 Química Organometálica K1 Titanatos K1 Vanadatos K1 Cromatos K1 Aluminotermia K1 Cobaloximas K1 Níquel Raney K1 Concepto de distorsión Jahn-Teller K1 Coltán K1 Columbita K1 Tantalita K1 Grao en Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais K1 Química Inorgánica AB A presente unidade didáctica abarca o Bloque VIII da materia Química Inorgánica, centrado na Química dos metais de transición e os seus compostos de coordinación. Este tema abórdase ao final do programa da materia, despois de facer un percorrido por algúns conceptos xerais da Química Inorgánica, pola Química dos elementos non metálicos e dos metais dos grupos principais. Nesta unidade didáctica faise un estudo da Química dos metais de transición máis relevantes a nivel industrial e biolóxico, centrándose na súa obtención, na reactividade, nas súas principais aplicacións e na súa Química de coordinación. Esta unidade didáctica, no que se refire a tódalas actividades nela propostas, está deseñada para ser desenvolvida ao longo de 14 horas.Preténdese que o alumnado, dado que a Titulación é o Grao en Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais, adquira un coñecemento sistematizado por grupos dos elementos metálicos de transición e os seus compostos de coordinación máis importantes, mediante o exame dos seguintes aspectos: obtención, estrutura, propiedades físicas e químicas e reactividade. Tamén se pretende a adquisición de destreza para a aplicación práctica dos coñecementos acadados a casos reais, ademais de relacionar estes coñecementos directamente cos procesos industriais máis importantes. PB Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico SN 978-84-9887-988-9 YR 2013 FD 2013 LK http://hdl.handle.net/10347/9985 UL http://hdl.handle.net/10347/9985 LA glg NO Titulación: Grao en Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais -- Materia: Química Inorgánica NO Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüística DS Minerva RD 22 abr 2026