RT Book,_Whole T1 Circustancias agravantes A1 Vázquez-Portomeñe Seijas, Fernando A1 Guinarte Cabada, Gumersindo A1 Pérez Rivas, Natalia K1 Dereito Penal K1 Responsabilidade criminal K1 Agravantes AB O Código penal español prevé un sistema de penas relativamente determinadas, isto é, un sistema baseado na fixación dun marco punitivo dentro de cuxos límites, superior e inferior, o xuíz debe determinar (motivadamente e a través de determinadas regras e criterios legais) a pena axeitada ao caso particular. A unidade didáctica que aquí se presenta ten carácter básico, pois incide nun dous aspectos esenciais dese sistema de determinación da pena: as circunstancias agravantes xenéricas do artigo 22 do Código penal. Trátase de instrumentos legais de mediación da pena, é dicir, son causas de modificación da pena. Esta é a súa finalidade e sentido no noso modelo legal. O seu fundamento vincúlaas directamente co principio constitucional de proporcionalidade. En función delas o xuíz sinalará a concreción ou extensión da pena (determinación legal concreta da pena), unha vez establecido o marco penal (límite máximo e mínimo). Así, ofreceráselle ao estudante unha panorámica do catálogo de agravacións contido no artigo 22 do Código penal, destacando os seus aspectos fundamentais (elementos obxectivos e subxectivos e réximes de comunicabilidade, compatibilidade e inherencia). As formulacións xerais desta unidade didáctica facilitan a comprensión doutros aspectos máis específicos do programa da materia, especialmente os relativos ao sistema de consecuencias xurídicas que o Dereito penal español establece para as infraccións penais. PB Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da Universidade de Santiago de Compostela SN 978-84-9887-889-9 YR 2012 FD 2012 LK http://hdl.handle.net/10347/32968 UL http://hdl.handle.net/10347/32968 LA glg NO MATERIA: Dereito penal I DS Minerva RD 22 abr 2026