RT Book,_Whole T1 Conservación por calor A1 Cobos García, Ángel A1 Díaz Rubio, Olga K1 Termobacterioloxía K1 Termobacteriología K1 Tratamentos térmicos K1 Tratamientos térmicos K1 Termización K1 Pasterización K1 Pasteurización K1 Esterilización K1 Tecnoloxía do Procesado de Alimentos K1 Grao en Nutrición Humana e Dietética AB Esta unidade didáctica denominada Conservación por calor forma parte da materia «Tecnoloxía do procesado de alimentos» que se impartirá no primeiro semestre do 2º curso do Grao en Nutrición Humana e Dietética. A materia estrutúrase en diferentes unidades didácticas, tratando cada unha delas as diferentes tecnoloxías de procesado dos alimentos, tanto de conservación coma de transformación. A presente unidade didáctica aborda a conservación dos alimentos por calor. Este método permite destruír os microorganismos, pero se o tratamento térmico é excesivo, altéranse as características sensoriais e nutritivas dos alimentos. Nesta unidade didáctica estudarase o tratamento térmico que se debe aplicar a cada alimento e cales son os tipos e métodos aplicados na industria alimentaria.A materia «Tecnoloxía do procesado de alimentos» conforma, xunto con outras troncais, o conxunto de estudos referidos ao módulo de Ciencia dos Alimentos dentro do Grao de Nutrición Humana e Dietética. Entre unha das competencias específicas que adquirirá o alumnado neste módulo está a de coñecer os sistemas de produción e os procesos básicos na elaboración, transformación e conservación dos principais alimentos. Esta competencia desenvolverase nesta materia. Como resultado da aprendizaxe, o alumnado coñecerá os principais procesos básicos, tanto de conservación coma de transformación dos alimentos e capacitaraos para comprender os principios básicos da tecnoloxía do procesado de alimentos para relacionar as modificacións que se producen nestes comoconsecuencia dos procesos tecnolóxicos que sufriron durante a súa elaboración. Esta Unidade Didáctica centrarase nun proceso deconservación moi importante, como é a calor. O alumnado coñecerá como afecta a calor aos microorganismos e compoñentes dos alimentos relacionados coa calidade (enzimas e nutrientes) e cales son os métodos para a súa aplicación.Así mesmo, as competencias que adquira o alumnado nesta materia serviralle de base para coñecementos que obterá no Grao noutras materias como Tecnoloxía Culinaria, Nutrición Humana, ou optativas como Ciencia e Tecnoloxía da Carne e Peixe, Ciencia e Tecnoloxía do Leite e Produtos Lácteos e Ciencia e Tecnoloxía de Produtos Vexetais. PB Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico SN 978-84-9887-741-0 YR 2011 FD 2011 LK http://hdl.handle.net/10347/9904 UL http://hdl.handle.net/10347/9904 LA glg NO Titulación: Grao en Nutrición Humana e Dietética -- Materia: Tecnoloxía do Procesado de Alimentos NO Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüística DS Minerva RD 28 abr 2026