RT Dissertation/Thesis T1 O Val de Barcala e as súas bases lingüísticas galegas no Catastro de Ensenada (século XVIII) A1 Vidal Fonseca, Guillermo K1 Edición K1 Onomástica K1 Galeguismos AB O Catastro de Ensenada é un dos documentos máis prezados polos distintos investigadores humanísticos para as súas pescudas sobre a Idade Moderna galega e española, se ben o seu proceso de edición carece aínda de uniformidade e de amplitude. A través deste traballo propoñemos unha nova metodoloxía para a súa edición tomando como base seis documentos catastrais da comarca galega da Barcala e levamos a cabo, a partir da edición, un estudo lingüístico centrado no seu valor como fonte indirecta para o coñecemento do galego medio, elaborando índices onomásticos (toponímico e antroponímico) e analizando detalladamente os galeguismos presentes nos textos. Por último, introducimos análises sobre os nomes, apelidos e topónimos que conteñen os documentos. Con esta tese queremos poñer ao dispor da comunidade investigadora unha rica fonte de estudo para o coñecemento do galego nunha fase histórica en que a tarefa se complica porque son escasos os documentos ao noso alcance para facela. Obviamente, con ela queremos mostrar tamén que todo o Catastro da Ensenada debe ser explorado con sistematicidade na investigación sobre o galego medio. YR 2020 FD 2020 LK http://hdl.handle.net/10347/23198 UL http://hdl.handle.net/10347/23198 LA glg DS Minerva RD 1 may 2026