RT Journal Article T1 A ilustración científica, traballo de mulleres? A1 Pintos Barral, Xoana A1 Pintos Barral, Isabel A1 González Noya, Ana María A1 Bermejo Patiño, Manuel Rafael AB Nesta comunicación pretendemos presentar a iniciación dun traballo moito máis completo sobre a Ilustración Científica feminina. Este traballo é unha parte importante da investigación feminina, realizada ao longo da historia, pero non moi recoñecida polo momento. Este tipo de investigación científica parece ser obra eminentemente feminina e, por elo, ven sendo desprezada ata hoxe pola ciencia oficial; cómpre comezar a poñela en valor, sacándoa á luz e dala a coñecer á comunidade científica. Pretendemos coma sempre Instruír, Divertir e Educar, e para elo amosamos hoxe, dentro dun traballo moito máis amplo, a algunhas mulleres ilustradoras da ciencia para ir comprendendo as súas importantes contribucións. Presentamos nesta comunicación as seguintes catro mulleres: unha entomóloga (Maria Sibylla Merian); unha botánica (Elizabeth Blackwell); unha química (Marie Anne Paulze) e unha bióloga mariña galega (Clara Cerviño). Iniciamos así un traballo, que confiamos continuar presentando en anos vindeiros no noso congreso. Deste xeito confiamos rescatar a moitas mulleres científicas do esquecemento da historia. PB Universidade de Santiago de Compostela SN 0214-7807 YR 2016 FD 2016 LK http://hdl.handle.net/10347/32994 UL http://hdl.handle.net/10347/32994 LA glg NO Boletín das ciencias, ano 29, n. 82, 2016 (Recolle os contidos presentados a: ENCIGA. Congreso (29. 2016. Negreira)), páxs. 79-80 DS Minerva RD 22 abr 2026