RT Generic T1 Análise da eficiencia técnica dos albergues do Camiño de Santiago: unha aproximación á eficiencia a través de DEA e da FE A1 Castiñeira Carracedo, Martiño K1 Eficiencia K1 Análise envolvente de datos K1 Análise da fronteira estocástica K1 Camiño de Santiago K1 Albergues AB Dada a importancia cultural, social e económica que ten o Camiño de Santiago para Galicia é vital ter presente a eficiencia das súas actividades económicas fundamentais, neste caso, a eficiencia técnica dos albergues, cuxos usuarios proveñan do Camiño de Santiago. A investigación fíxose a través da estimación dunha fronteira de produción, empregando dous métodos: a análise envolvente de datos (DEA) e a análise da fronteira estocástica (FE). Explícase a metodoloxía detalladamente que segue cada un deles. Neste traballo, a base de datos conten 21 albergues, cuxa titularidade do negocio era unha persoa xurídica. A base de datos está composta por establecementos que están situados nos camiños Francés, Norte e Primitivo no ano 2019. As variables utilizadas recollen información acerca do tamaño, nivel de emprego e características financeiras dos albergues. Os resultados amosan que as empresas que conforman a base de datos contan na súa maioría con taxas de eficiencia relativamente boas. Ademais, os resultados demostran que a información ten calidade e robustez. Os valores de eficiencia teñen unha consistencia forte entre ambos métodos utilizados. É dicir, isto demostra que a DEA e a FE son dous métodos dende o punto de vista metodolóxico moi distintos capaces de proporcionar a mesma resposta a un problema de investigación dado con conclusións fiables e óptimas, sendo os resultados totalmente consistentes. YR 2023 FD 2023-07 LK http://hdl.handle.net/10347/31232 UL http://hdl.handle.net/10347/31232 LA glg NO Traballo Fin de Grao en Administración e Dirección de Empresas. Curso 2022-2023 DS Minerva RD 24 abr 2026