RT Book,_Whole T1 O estado de perdas e ganancias A1 Rodríguez Gil, Luis Ignacio A1 Suárez Fernández, Óscar AB A contabilidade encárgase de estudar, medir, rexistrar e comunicardeterminados feitos económicos, co fin de que resulte útil na toma dedecisión e control dos distintos axentes económicos (administración pública,entidades financeiras, clientes, provedores, investidores, xestores,propietarios, etc.,). Para cumprir este cometido e comunicar a informacióncontable, previamente elaborada, publican os estados contables. O produtofinal da contabilidade son os estados contables ou estados financeiros queson o resumo da situación económica e financeira da empresa. Os estadoscontables están formados polo balance, a conta de resultados, o estado decambios no patrimonio neto, o estado de fluxos de efectivo e a memoria.Os alumnos de terceiro curso do grao contan cos coñecementosque lles permiten estudar, medir, rexistrar os feitos económicos que é unhadas parte do proceso contable. Con esta materia culmínase a última fasedeste proceso que é a comunicación da información contable aos distintosusuarios. Tamén permitirá a interpretación e a obtención de información apartir dos estados contables. Deste xeito, esta unidade é importante para aformación do alumnado ao permitirlle unha maior comprensión dofuncionamento contable dunha empresa, ter una visión global de todo oproceso contable, ao tempo que resulta necesaria para o correctodesenvolvemento das unidades posteriores de materias tales como Análisesde Estados Contables. En canto á duración, está deseñada para serdesenvolvida nunhas 5-6 horas entre expositivas e interactivas. PB Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico SN 978-84-9887-976-6 YR 2013 FD 2013 LK http://hdl.handle.net/10347/34008 UL http://hdl.handle.net/10347/34008 LA glg NO Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüística DS Minerva RD 21 abr 2026