RT Conference_Proceedings T1 As oracións condicionais no ALPI. Unha análise contrastiva do noroeste peninsular A1 Mouzo Villar, Rosa A1 Pérez Capelo, Carolina K1 Sintaxe K1 Sintaxis K1 Syntax AB No eido da sintaxe as oracións condicionais foron xa obxecto de investigación de múltiples estudos centrados en diferentes aspectos destas construcións (estrutura, tempos verbais usados na prótose e na apódose, etc.). Algúns deles téñense fixado nas peculiaridades que presentan as condicionais segundo o territorio lingüísitico que ocupan (Pato:2003; Veiga: 1991; Xove: 1986). Tendo en conta isto, desenvolvemos esta pescuda que ten como obxectivo analizar as condicionais nas diferentes linguas románicas que conflúen no noroeste da Península Ibérica (galego, portugués, astur-leonés e castelán), reparando nas similitudes e diferenzas existentes e observando se se dá ou non algún tipo de distribución dialectal. No noso estudo partimos dos datos que nos proporciona o Atlas Lingüístico de la Península Ibérica (ALPI) e centrámonos nas tres oracións condicionais que foron recollidas neste atlas. YR 2013 FD 2013 LK http://hdl.handle.net/10347/9532 UL http://hdl.handle.net/10347/9532 LA glg NO Conferencia presentada no IV Encontro Wedisyn sobre variación sintáctica. Santiago de Compostela, 18-19 abril 2013. DS Minerva RD 23 abr 2026