RT Dissertation/Thesis T1 Da institución escolar ao centro do canon: Agustín Fernández Paz A1 Agrelo Costas, María Eulalia A2 Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Filoloxía. Departamento de Filoloxía Galega, K1 Agustín Fernández Paz K1 Literatura infantil e xuvenil K1 Literatura galega K1 Galicia AB O obxectivo central deste traballo de investigación, co que se desexa obter o título de doutora, é demostrar como Agustín Fernández Paz se formou na institución docente, chegou a ocupar o seu centro e, desde ela, o centro da institución literaria. Este proceso articulouse a partir da publicación de obras literarias dirixidas en primeira instancia aos máis novos, é dicir, as que conforman a denominada literatura infantil e xuvenil galega, unha literatura que tardou moitos séculos en chegar a ser considerada como un sistema literario propiamente dito e, polo tanto, digna de ser estudada e investigada desde as metodoloxías que ofrecen os Estudos literarios. É esta unha denominación baixo a que se agrupan catro disciplinas –Teoría, Crítica, Historia e Literatura Comparada–, cuxa interdependencia, como apuntou Darío Villanueva (1991, 2004), favorece que os enfoques asumidos combinen un tratamento analítico e valorativo, sincrónico, diacrónico e comparativo, incluíndo outrosí a perspectiva da recepción, de aí que se tomarán os aspectos destas teorías que contribúan ao desenvolvemento desta tese doutoral. YR 2016 FD 2016-02-04 LK http://hdl.handle.net/10347/13822 UL http://hdl.handle.net/10347/13822 LA glg DS Minerva RD 23 abr 2026