RT Dissertation/Thesis T1 The heterogeneity of disruptive behavior in the preschool years: levels of organization and underlying mechanisms A1 Domínguez Álvarez, Beatriz K1 Externalizing problems K1 preschool years K1 heterogeneity K1 classification K1 temperament AB Os problemas de conduta perturbadora son frecuentes durante os anos preescolares. Sen embargo, no caso dalgúns nenos/as, tales condutas poden estar sinalando o comezo dunha traxectoria potencialmente persistente e nociva. Un desafío importante no estudo destas dificultades temperás é a heteroxeneidade na súa presentación, orixe e curso evolutivo, que contribúe a frustrar, polo menos parcialmente, os avances na prevención e intervención destes problemas. Nesta tese, propuxémonos profundizar na análise da heteroxeneidade etiolóxica e fenotípica dos problemas de conduta perturbadora de inicio temperán, empregando datos lonxitudinais dunha ampla mostra comunitaria de preescolares (Proxecto ELISA, N= 2467, 48.1% nenas, media de idade= 4.25 anos, DT=.91). As preguntas de investigación formuláronse tendo en conta os modelos teóricos dispoñíbeis e a evidencia empírica previa. A nivel conceptual, apoiámonos en aproximacións estruturais á psicopatoloxía, de corte empírico, así como na teoría e investigación sobre temperamento. A nivel metodolóxico, empregáronse modelos de variables latentes (e.g., análises con ecuacións estruturais) para contrastar as nosas hipóteses. YR 2022 FD 2022 LK http://hdl.handle.net/10347/29795 UL http://hdl.handle.net/10347/29795 LA eng DS Minerva RD 24 abr 2026