RT Book,_Section T1 Alfonso X e a organización do espazo galego: o final dos tenentes? T2 Afonso X e Galicia A1 Bermúdez Beloso, Mariña A2 Brea López, Mercedes A2 Lorenzo Gradín, Pilar K1 Afonso X K1 Galicia K1 Idade Media K1 Organización territorio AB A figura de Alfonso X é, probablemente, unha das que atraeu, e atrae, máis atención desde distintas disciplinas polas variadas facetas que desenvolveu ao longo da súa vida. Concordan os estudos en destacar a súa relevancia e excepcionalidade, presentándoo como un dos monarcas máis importantes da España medieval (Valdeón Baruque, 2003: 11), unha das grandes figuras do século XIII (González Jiménez, 2004: 5), ou apuntando a que probablemente non tiña igual intelectual entre os seus contemporáneos rexios (O’Callaghan, 1993: 1). Non sen fundamento, Emperor of Culture ou emperador da cultura foi o título elixido para unha obra colectiva sobre o rei Sabio publicada no ano 1990 (Burns, 1990). Poeta, lexislador, historiador, astrónomo…, ao tempo que impulsor doutros intelectuais que desenvolveron a súa tarefa baixo a súa protección, o impacto de Alfonso X é máis que evidente na literatura científica actual, non só nos estudos históricos senón en distintos campos. Con todo, aínda son múltiples os aspectos tanto da súa figura como do seu período de goberno que están pendentes de análise PB Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades SN 978-84-453-5390-5 YR 2021 FD 2021 LK https://hdl.handle.net/10347/46207 UL https://hdl.handle.net/10347/46207 LA glg NO Bermúdez Beloso, Mariña, "Alfonso X e a organización do espazo galego: o final dos tenentes?", in Brea, Mercedes, Lorenzo Gradín, Pilar (eds), Afonso X e Galicia, Santiago de Compostela: Xunta de Galicia; Secretaría Xeral de Política Lingüística; Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, 2021, pp. 1-30. NO Este traballo realizouse ao abeiro dun contrato posdoutoral na Universidade de Santiago de Compostela financiado pola Xunta de Galicia (“Axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral. Modalidade A”), e durante unha estadía remota na University of Birmingham debido á pandemia de Covid-19. Parte dos fondos bibliográficos consultados proceden do catálogo en liña da citada institución. Este traballo forma parte do Proxecto de Investigación titulado “Voces, espacios y representaciones femeninas en la lírica gallego-portuguesa” (PID2019-108910GB-C22), financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovación DS Minerva RD 18 may 2026