RT Dissertation/Thesis T1 A representación dos espazos suburbanos no cinema ficcional europeo tras a caída do Muro de Berlín A1 Paradelo Núñez, Martín K1 modo de representación cinematográfico K1 realismo K1 urbanismo K1 melodrama K1 modernismo K1 posmodernismo K1 ideoloxía AB Trázase no presente traballo unha panorámica das formas de representación que o cinema europeo desenvolveu para se enfrontar á filmación dos espazos suburbais das cidades europeas. Pártese dunha definición destas estratexias de representación fílmica desde a definición dos diferentes modos de representación cinematográficos e faise fincapé na importancia do realismo e da capacidade de transmisión dunha visión crítica sobre a cidade como colector social e as dinámicas socio-económicas que poden definirse nos espazos suburbiais. Trátase de analizar de que maneira o cinema contribúe ao coñecemento histórico, neste caso do inmediato pasado, e estabelecer as formas de relación entre a imaxe cinematográfica e a sociedade que a produce, de descubrir as orixes históricas e culturais da obra e o seu cruce coas formas de pensamento do seu propio momento histórico, de interrogar os filmes como formas pensantes e indagar nas ideas que se esconden no interior dos textos fílmicos e procurar as orixes e as implicacións ulteriores destas ideas. YR 2015 FD 2015-11-16 LK http://hdl.handle.net/10347/13689 UL http://hdl.handle.net/10347/13689 LA glg DS Minerva RD 23 abr 2026