RT Book,_Whole T1 Disolucións e as súas propiedades A1 González Noya, Ana María K1 Disolvente K1 Soluto K1 Electrólitos K1 Ácido-base K1 Oxidación-redución K1 Oxidación-reducción K1 Lei de Henry K1 Ley de Henry K1 Lei de Raoult K1 Ley de Raoult K1 Química K1 Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural AB Esta unidade didáctica Disolucións e as súas propiedades forma parte da materia de formación básica Química, que se imparte no primeiro curso do grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural. A materia, que é anual, está organizada en catro bloques,pertencendo esta unidade n.º 2 ao primeiro deles.Despois de estudar algúns conceptos básicos e terminolóxicos da química na unidade didáctica anterior (unidade n.º 1), neste tema utilizaremos estes coñecementos para abordar o estudo das disolucións e as súas propiedades. A maioría dos materiais con que interactuamos na vida cotiá son mesturas, moitas das cales son disolucións. Así, o aire que respiramos ou a auga do mar son exemplos de disolucións. Este tema é unha parte fundamental da materia por dúas razóns:1. A meirande parte dos procesos químicos que serán estudados nos bloques B e C teñen lugar en disolución.2. O dominio dos cálculos para a preparación de disolucións de fertilizantes e outros compostos é de grande importancia para o traballo no laboratorio e para o posterior desempeño do labor profesional da enxeñeira ou do enxeñeiro forestal e do medio natural.Ademais, faremos fincapé nos fenómenos relativos ás aplicacións das disolucións, o que nos permitirá entender por que cando vai frío en inverno debemos engadir anticonxelante á auga do sistema de refrixeración dun automóbil, ou botar sal nas estradas para evitar a formación dunha capa de xeo. PB Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico SN 978-84-9887-992-6 YR 2013 FD 2013 LK http://hdl.handle.net/10347/9929 UL http://hdl.handle.net/10347/9929 LA glg NO Titulación: Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural -- Materia: Química NO Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüística DS Minerva RD 24 abr 2026