RT Book,_Whole T1 As adaptacións na Educación Física A1 Garrido Filgueira, Uxía AB Esta unidade didáctica, denominada As Adaptacións na Educación Físicaforma parte da materia obrigatoria Educación Física Especial I que seimparte no 1º cuadrimestre do 3º curso na titulación de mestra ou mestre naespecialidade de Educación Física. A materia ten unha carga lectiva de 6créditos (4,5 teóricos e 1,5 prácticos) e ten como obxectivos que o alumnadotome conciencia das súas actitudes sobre as persoas con diversidadefuncional. Outro obxectivo é adquirir coñecementos e ferramentas paraelaborar e impartir sesións de educación física en Primaria dun xeitoinclusivo, é dicir, dando resposta ás necesidades de aprendizaxe de todo oalumnado, incluíndo aquel que presente algunha discapacidade ou teñaalgunha enfermidade que afecte á súa resposta motriz e á súa participaciónnas clases de educación física escolar.Concretamente nesta unidade didáctica, que coincide co primeirotema da materia, ofrécese unha presentación conceptual sobre as diferentesvisións e características das adaptacións; primeiro dende unha perspectivaglobal, a continuación dende unha particular –orientada á área de EducaciónFísica–, na que se ofrece ao alumnado un conxunto de criterios e estratexiaspedagóxicas que lle vai permitir iniciarse no proceso de elaboración deadaptacións das sesións e unidades didácticas da área de Educación Físicaescolar.Á par, a través das sesións prácticas, vaise levar ao alumnado caraao recoñecemento, á análise e, se fose o caso, á modificación das propiasactitudes cara ás persoas con diversidade funcional, contribuíndo dese xeitoao autocoñecemento e o proceso de asunción de valores democráticos.É imprescindible aclarar que nesta materia nos vemos na obriga depresentar uns coñecementos xenéricos sobre as adaptacións curricularesantes de abordar estas estratexias docentes dun xeito específico para aEducación Física, debido a que a materia troncal que desenvolve aquelescontidos non é impartida ata o 2º cuadrimestre do 3º curso, é dicir, aposteriori da materia que nos compete. PB Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico SN 978-84-9887-730-4 YR 2011 FD 2011 LK http://hdl.handle.net/10347/34020 UL http://hdl.handle.net/10347/34020 LA glg NO Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüística DS Minerva RD 20 abr 2026