RT Generic T1 O asolagamento de Castrelo de Miño. Unha lectura ecocrítica T2 La inundación de Castrelo de Miño. Una lectura ecocrítica T2 The flooding of Castrelo de Miño. An ecocritical reading A1 Fernández Justo, Marta K1 Hidrocrítica K1 Poscolonialidade K1 Violencia lenta K1 Apocalipse K1 Sentimentalismo AB A construción no ano 1966 do encoro de Castrelo de Miño supuxo un antes e un despois na historia deste concello ourensán. Como forma de contestación ó drama vivido pola poboación obrigada a marchar, xurdiron diferentes mostras literarias que narran o suceso. No referido ó estado da cuestión, até o momento a meirande parte da investigación académica realizada sobre o mesmo xira arredor da súa vertente histórico-política. Atendendo a isto, no marco da ecocrítica, o presente traballo ten como obxecto unha análise desta situación a través das obras de 1978 Morrer en Castrelo de Miño, de Xosé Fernández Ferreiro, e 1981 A vila sulagada, de Daniel Cortezón, así como o relato de Manuel María «As augas van caudales». Esta selección textual correspóndese cos obxectivos principais do traballo, isto é, debuxar unha sucinta panorámica do tratamento deste acontecemento na nosa literatura. Así mesmo, tamén permitirá observar novas perspectivas sobre o seu impacto social hoxe e na Galicia do momento. O eixo vertebrador da análise será o tropo da «apocalipse» segundo a formulación de Greg Garrard, recollido no seu manual Ecocriticism, a caracterización de Galicia vencellada a unha identidade sentimental presente en Galiza un povo sentimental, de Helena Miguélez Carballeira, e o medioambientalismo dos pobres, postulado por Rob Nixon, que permitirá observar os efectos da violencia lenta exercida sobre a poboación. YR 2023 FD 2023 LK http://hdl.handle.net/10347/31089 UL http://hdl.handle.net/10347/31089 LA glg NO Traballo Fin de Grao en Lingua e Literatura Galegas. Curso 2022-2023 DS Minerva RD 24 abr 2026