RT Generic T1 Sistemas nanoestruturados con bevacizumab para o tratamento de oftalmopatías: interaccións lípido-fármaco T2 Nanostructured carriers with bevacizumab for the treatment of eye diseases: lipid-drug interactions A1 Vázquez Lage, Emi K1 terapia biolóxica K1 sistemas nanoestruturados K1 interaccións K1 monocapas K1 fisicoquímica K1 biological therapy K1 nanostructured systems K1 interactions K1 monolayers K1 physical chemistry AB Este traballo estuda a interacción entre dous tipos de lípidos sólidos a temperatura ambiente (monoestearina e Compritol 888 ATO) que forman parte de sistemas nanoestruturados de liberación de fármacos, e entre estes e un principio activo, o anticorpo monoclonal bevacizumab, empregado para o tratamento intravítreo da dexeneración macular asociada á idade (AMD), unha retinopatía que causa perda de visión. A razón deste estudo reside na necesidade de aumentar a biodispoñibilidade do fármaco no humor vítreo a través dunha liberación sustentada, a fin de espaciar o máximo posíbel no tempo a realización de procedementos invasivos ao paciente, como é a inoculación do medicamento na cámara vítrea do ollo. Para a análise dos lípidos e das súas interaccións co fármaco procedeuse á obtención e estudo de filmes dunha molécula de espesor formados por tensioactivos insolúbeis en auga, chamados monocapas de Langmuir, mediante a súa deposición na interface ar/auga. Estas monocapas poden ser comprimidas lateralmente, dando lugar a isotermas presión superficial-área molecular (π-A), coas que se pode caracterizar o comportamento molecular dos tensioactivos depositados e a penetración no filme de fármacos hidrosólúbeis. Estas isotermas tamén foron tratadas matematicamente, a fin de extraer máis información sobre a rixidez, interaccións e estabilidade en filmes de varios compoñentes. Os resultados mostran que ambos os dous lípidos forman monocapas estábeis, que a súa mestura equimolar é favorábel mecánica e termodinamicamente e que o bevacizumab interacciona preferencialmente cos filmes mixtos, o que permite optimizar a composición de vectores nanoestruturados de fármacos con propiedades máis adecuadas ás necesidades clínicas. AB This work studies the interaction between two kinds of solid lipid components of nanostructured drug carriers (glycerol monostearate and Compritol 888 ATO), and between these lipids and the monoclonal antibody bevacizumab. This drug is used in the treatment of age-related macular degeneration, a disease of the retina that causes vision loss. The motivation for this study is the increase of drug bioavailability in the vitreous humour through sustained delivery, in order to minimise how often patients must undergo invasive procedures such as the inoculation of the drug into the vitreous body of the eye. For the analysis of the lipids and their interactions with the antibody, one-molecule thick films of surfactant molecules spread at the air/water interface, called Langmuir monolayers, were obtained and studied. These monolayers can be laterally compressed, yielding surface pressure-molecular area (π-A) isotherms, which are used to characterise the behaviour of the surfactant species in the film, as well as their interaction with water-soluble drugs. The isotherms were mathematically processed in order to obtain more information on rigidity, interactions and stability in monolayers of more than one component. Results show both types of lipids form stable monolayers, their equimolar mix is favoured both mechanically and thermodynamically, and bevacizumab interacts preferentially with mixed films. This information allows for the optimisation of the composition of nanostructured drug carriers so they may better respond to clinical needs. YR 2025 FD 2025 LK https://hdl.handle.net/10347/44982 UL https://hdl.handle.net/10347/44982 LA glg NO Traballo Fin de Grao en Farmacia. Curso 2024/2025 DS Minerva RD 30 abr 2026