RT Book,_Whole T1 Evohé: Revista Cultural do Campus Terra-Lugo, número 35 T2 Monográfico Carmen Blanco K1 Carmen Blanco AB O número 35 de Evohé, dirixido por Laura Paz Fentanes e ilustrado por Sara Lamas, contén un monográfico dedicado á escritora, investigadora e profesora Carmen Blanco, conformado pola súa bibliografía e por diversos traballos sobre as distintas vertentes da súa obra: a poesía por Manuel Fernández Rodríguez, a narrativa breve por Olga Novo, a novela por Armando Requeixo, o ensaio por Marcela Bao, a tradución por María Lopo, o deseño por Cristina Fiaño e o mestrado por Mariña Rodríguez Blanco. Seguidamente, aparece a versión multilingüe do seu lema “Amo, mais non teño amo” a cargo de Adina Ioana Vladu e os poemas que lle dedicaron expresamente os poetas Luz Pozo Garza, Xohana Torres, Marta Pessarrodona, Olga Novo e Claudio Rodríguez Fer.No apartado creativo aparecen varias traducións ao galego dende o castelán (o relato “A cámara negra”, de Eugenio Granell, por Laura Paz Fentanes); ao ruso dende o galego (o poema “Astrolabio”, de Luz Pozo Garza, por Ekaterina Yakovleva) e ao checo dende o galego (o poema “Praga”, de Claudio Rodríguez Fer, por Anna Hozmanová e Karolina Nohynková). Finalmente, aparece o artigo “James Joyce na obra e na biblioteca de José Ángel Valente”, por Laura Paz Fentanes. PB Universidade de Santiago de Compostela SN 2603-855X YR 2024 FD 2024 LK http://hdl.handle.net/10347/33605 UL http://hdl.handle.net/10347/33605 LA glg DS Minerva RD 24 abr 2026