RT Dissertation/Thesis T1 Renaturalización de complexos proteicos de membrana externa de Neisseria meningitidis en liposomas: estrutura e potencial vacinal A1 Freixeiro Díaz, Paula A2 Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Farmacia. Departamento de Microbioloxía e Parasitoloxía, K1 Neisseria meningitidis K1 Nuevas vacunas K1 Complejos de porinas K1 Proteoliposomas AB Aínda que as vacinas baseadas en vesículas de membrana externa son eficaces fronte ás cepas epidémicas de N. meningitidis do serogrupo B, estas continúan a presentar importantes limitacións e estase a realizar un grande esforzo no desenvolvemento de novas vacinas e na reformulación das xa existentes. A resposta inmune fronte a estas vacinas diríxese principalmente fronte aos complexos de porinas. Este traballo pretende un mellor coñecemento dos complexos de porinas e do papel da RmpM mediante a renaturalización de complexos proteicos en liposomas. Ademais, avalíase o potencial vacinal dos proteoliposomas que conteñen complexos de porinas/RmpM.Os proteoliposomas preparados por diálise-extrusión que conteñen diferentes combinacións das proteínas recombinantes PorB, PorA, e RmpM permiten a renaturalización dos complexos de porinas e un perfil moi similar ao existente nas OMVs producidas pola bacteria.As análises realizadas mostran que a RmpM se unen aos complexos de porinas a través do seu extremo N-terminal mediante a interacción coa PorB, sendo un péptido de seis aminoácidos (VSGQSN) crucial para esta interacción. A asociación a outros complexos proteicos suxire un importante papel da RmpM no transporte de ións a través das membranas celulares, na translocación de proteínas a través do periplasma e na adhesión ás células do hóspede.Todos os proteoliposomas ensaiados induciron unha boa resposta inmune fronte á cepa homóloga, incluso en ausencia da PorA, mais a reactividade cruzada fronte as cepas heterólogas foi baixa. Os sistemas mostraron unha boa estabilidade a longo prazo a temperatura ambiente tras liofilización, sen se observaren diferenzas entre os dous axentes crioprotectores ensaiados, glicosa e trealosa. Polo tanto, os proteoliposomas son sistemas estábeis, de composición ben definida e cun grande interese como alternativa ás vacinas de OMVs e como vehículo para as novas vacinas de subunidades. YR 2015 FD 2015-05-19 LK http://hdl.handle.net/10347/13341 UL http://hdl.handle.net/10347/13341 LA glg DS Minerva RD 24 abr 2026