RT Generic T1 A xestación por substitución no Dereito civil español: a aceptación tácita dos efectos dun contrato nulo A1 Castrillo Sotelo, Carmen K1 Adopción K1 Consentimento K1 Contrato K1 Cousificación K1 Dignidade da persoa K1 Fraude de lei K1 Interese superior do menor K1 Nulidade de pleno dereito K1 Persoa xestante K1 Perspectiva de xénero K1 Técnicas de reprodución asistida K1 Tribunal Europeo de Dereitos Humanos K1 Venda de menores K1 Vulnerabilidade socioeconómica K1 Xestación por substitución AB O avance, nos últimos tempos, das técnicas de reprodución humana asistidainfluíu favorablemente na superación da infertilidade biolóxica e estrutural. Este feito,xunto co recurso á adopción, supuxo que cada vez máis homes e mulleres satisfixesen oseu desexo de conformar unha familia. Neste contexto, a autonomía da vontade acadaunha nova dimensión cando xorde a posibilidade de optar pola xestación por substitución.Dende regulacións amplamente permisivas, ata prohibitivas restricións, en tornoao contrato de xestación por substitución non existe unha posición unánime. O lexisladorespañol optou por sancionar coa nulidade o contrato celebrado en tales termos. Isto, unidoás disposicións lexislativas sobre normativa contractual e filiación, así como á protecciónconstitucional conferida aos dereitos fundamentais, convirte ao contrato de maternidadesubrogada nun negocio xurídico de todo punto incompatible co noso ordenamentoxurídico.En consecuencia, as familias de intención foxen do réxime español e acoden ásregulacións permisivas de terceiros Estados, onde terá lugar a celebración do contrato, asícomo a entrega do menor. Posteriormente, procuran o recoñecemento en España dasfiliacións consolidadas no estranxeiro, en comisión dunha fraude de lei.A liña xurisprudencial marcada polo Tribunal Supremo tende á denegación dainscrición. Non obstante, este rexeitamento matízase mediante unha conservación dos efectos derivados do contrato nulo, permitindo ás familias comitentes consolidar a súasituación a través da institución da adopción, seguindo a doutrina do Tribunal Europeodos Dereitos Humanos, que pretende favorecer ao interese superior do menor.Sendo esta solución inconciliable coa orde pública española, faise necesaria unhareforma lexislativa. No entanto existen iniciativas favorables a unha regulación permisivae garante da maternidade subrogada de tipo altruísta, neste traballo deféndese blindardefinitivamente a prohibición da xestación por substitución, en aras da protección dadignidade da muller e do menor, que lles é arrebatada ao consideralos como obxectos dotráfico mercantil. YR 2022 FD 2022 LK http://hdl.handle.net/10347/30538 UL http://hdl.handle.net/10347/30538 LA glg DS Minerva RD 23 abr 2026