RT Dissertation/Thesis T1 A representación do pobo galego a través da creación de personaxes de ficción das longametraxes cinematográficas A1 Roca Baamonde, Silvia K1 Cinema K1 personaxe K1 representación K1 estereotipo K1 identidade K1 lingua K1 xénero K1 Galicia AB Comprender a imaxe, e máis concretamente a imaxe cinematográfica, como forma na que representarse e ser representados, como medio de comunicación e como mensaxe, alén de como práctica cotiá, devén na reflexión sobre a pegada que a creación audiovisual deixa no imaxinario colectivo e vencella o feito de facer e ver cine co construír da realidade social. Ao tempo, introdúcenos de cheo no debate sobre a importancia da visibilidade e na práctica da imaxe como resistencia cultural, nun contexto crítico especialmente interesante para o estudo da produción cinematográfica de sociedades-culturas periféricas como a galega. Así, dende a perspectiva dos estudos culturais, a conceptualización e análise dos cinemas e representacións nacionais, a tese procura determinar se o cinema de ficción realizado en Galicia ofrece unha imaxe estereotipada das galegas e galegos e trata de definir os riscos fundamentais da súa caracterización. YR 2021 FD 2021 LK http://hdl.handle.net/10347/26344 UL http://hdl.handle.net/10347/26344 LA glg DS Minerva RD 24 abr 2026