RT Conference_Proceedings T1 Orde dos clíticos pronominais en complexos verbais do galego: da variación ao cambio A1 Santos Raña, Irene K1 Galego (Lingua) K1 Gallego (Lengua) K1 Galician (Language) K1 Sintaxe K1 Sintaxis K1 Syntax K1 Variación K1 Variation K1 Colocación pronominal K1 Pronoun placement K1 Complexos verbais K1 Complejos verbales K1 Verbal complex AB Esta investigación ten como obxectivo analizar os cambios na disposición dos clíticos en construcións con máis dunha forma verbal en textos galegos dos dous últimos séculos. Algúns traballos previos mostraron que a variable tempo parece un desencadeante importante no cambio que se vén producindo na lingua galega nestas construcións. Estes estudos baséanse fundamentalmente na comparación da lingua medieval coa moderna. A nosa análise céntrase no estudo de textos escritos de tres períodos temporais do galego moderno: 1875-1900, 1900-1936 e 1975-2000. Os datos obtivéronse do corpus de textos escritos do Tesouro Informatizado da Lingua Galega. Para completar a descrición e análise dos datos, ademais da variable tempo, teranse en conta factores relacionados coa gramaticalización das construcións e a forma do clítico (persoa, caso, xénero, número). Os resultados desta análise preliminar permiten avaliar o peso de cada unha das variables citadas no cambio que se está a producir no sistema gramatical do galego. YR 2015 FD 2015-10-30 LK http://hdl.handle.net/10347/13668 UL http://hdl.handle.net/10347/13668 LA glg NO Este relatorio presentouse no Gallaecia - III Congresso Internacional de Linguística Histórica . Universidade de Santiago de Compostela, 27-30 de xullo de 2015 NO A participación neste congreso foi financiada pola Secretaría Xeral de Universidades (Xunta de Galicia – Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional) ao grupo de investigación Filoloxía eLingüística Galega (USC). DS Minerva RD 26 abr 2026