RT Book,_Whole T1 Técnicas cromatográficas utilizadas en monitorización ambiental A1 Peña Vázquez, Elena María A1 Barciela Alonso, María Carmen K1 Cromatografía de líquidos K1 Cromatografía de gases K1 Cromatograma K1 Fase móbil K1 Fase móvil K1 Fase estacionaria K1 Separación cromatográfica K1 Cromatografía de partición de fase reversa K1 Cromatografía de partición de fase normal K1 Espectrometría de masas AB O Máster de Enxeñería Ambiental impártese na Escola Técnica Superior de Enxeñería (ETSE) da Universidade de Santiago de Compostela, cuns 30 estudantes anuais de nova matrícula. Consta de 90 créditos ECTS e realízase nun período de 18 meses. No primeiro ano (60 ECTS) impártense cinco módulos, que se distribúen dende setembro a xullo. No segundo ano (30 ECTS), nos dous primeiros meses impártense as clases teóricas do módulo seis e o resto dos meses dedícanse ao Proxecto Fin de Máster.Os módulos impartidos nos dous anos de Máster son os que se indican a continuación:Primeiro ano:Módulo I: Fundamentos.Módulo II: Tratamento de AugasMódulo III: Monitorización e Redución da Contaminación AtmosféricaInstrumentación e Monitorización Ambiental(IMA)Medio Ambiente e Redución de EmisiónsTécnicas de Análise TerritorialLaboratorio de ModelizaciónMódulo IV: Recuperación de Solos e Xestión de ResiduosMódulo V: Prácticas externasSegundo ano:Módulo VI: Xestión Ambiental.Módulo VII: Proxecto Fin de Máster.A materia de Instrumentación e Monitorización Ambiental (IMA) é unha materia obrigatoria de 3 créditos ECTS do Módulo III (Monitorización e redución da contaminación atmosférica). Os contidos impartidos en IMA introducen o alumno nas diferentes técnicas instrumentais empregadas na monitorización ambiental, dende a etapa de mostraxe ata a análise das mostras no laboratorio. O número de horas presenciais é 28, das cales 9 se empregan para o estudo da cromatografía.No primeiro tema da materia estúdase a colección e tratamento da mostra previamente á análise. No segundo tema trátanse os métodos espectroscópicos, fundamentais para realizar un número moi elevado de análises. E por fin, no tema 3 trátanse os métodos cromatográficos, xa que unha vez que temos preparada a mostra e antes de realizar unha cuantificación dun composto, por exemplo utilizando métodos espectroscópicos, frecuentemente é necesario levar a cabo unha separación cromatográfica de dito composto para evitar a presenza doutras sustancias que interfiren na determinación. Así, as técnicas cromatográficas son un grupo de potentes ferramentas de separación, identificación e determinación de compostos químicos en mesturas complexas. Polo tanto son fundamentais nos laboratorios de análise, xa que a maior parte das mostras que chegan a eles son mostras complexas, xa sexa no ámbito clínico, industrial ou medioambiental.Tralo tema de cromatografía trátanse os sensores (tema 4) e os sensores remotos (tema 5). En ámbolos dous casos, o obxectivo é realizar as medicións do modo máis sinxelo posible, a ser posible sen separación previa. Por último, nos temas finais do curso tamén se tratarán algunhas aplicacións da cromatografía relacionadas coa análise de contaminantes en chemineas e nas medidas da calidade de aire. PB Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico SN 978-84-9887-963-6 YR 2013 FD 2013 LK http://hdl.handle.net/10347/9983 UL http://hdl.handle.net/10347/9983 LA glg NO Máster en Enxeñaría Ambiental NO Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüística DS Minerva RD 24 abr 2026