RT Dissertation/Thesis T1 A lingua da Illa de Ons. Análise da variación e do cambio lingüístico A1 Dopazo Entenza, José Manuel K1 Variación lingüística K1 cambio lingüístico K1 tempo aparente K1 dialectoloxía K1 corpus oral K1 xénero AB Neste traballo preséntase un conxunto de persoas xunguidas pola relación familiar coa Illa de Ons. Actualmente neste territorio tan só viven tres persoas, con todo, o corpus oral está formado polas persoas que naceron e desenvolveron a súa adolescencia e adultez en Ons (primeiro grupo de idade), as que naceron na illa e marcharon na infancia ás comarcas próximas (segundo grupo de idade) e, finalmente, as que xa naceron nos lugares de destino e tan só son descendentes (terceiro grupo de idade).A partir desta compilación de informantes, realizáronse as gravacións pertinentes, transcribíronse e procedeuse a traballar co material escrito. En primeiro lugar, extraéronse os datos relativos aos fenómenos lingüísticos de variación que se ían analizar. A continuación, mediante as probas estatísticas de Kruskal-Wallis e Mann-Whitman, identificáronse aquelas variábeis que influían no cambio lingüístico desta comunidade de fala: idade, xénero, nivel de estudos e lingua habitual. Finalmente, puxéronse todos estes resultados en relación co fin de explicar os motivos do cambio lingüístico subxacentes á variación apreciábel. YR 2022 FD 2022 LK http://hdl.handle.net/10347/29395 UL http://hdl.handle.net/10347/29395 LA glg DS Minerva RD 30 abr 2026