RT Dissertation/Thesis T1 Busca conformacional en moléculas cíclicas e cinética de reaccións astroquímicas. Un estudo teórico A1 Lema Saavedra, Anxo K1 cinética K1 astroquímica K1 confórmeros K1 ciclos AB Esta tese doutoral dividiuse en dous obxectivos principais: un sobre a busca conformacional en moléculas con estruturas cíclicas, e outro sobre o estudo de sistemas químicos de interese en astroquímica, ambos a nivel teórico. Para comezar, centrarémonos no primeiro obxectivo. Coñecer os diferentes confórmeros que pode presentar unha molécula é obxecto de interese en diferentes ámbitos da química e da física. Programas como o TorsiFlex son capaces de explorar a superficie de enerxía potencial dunha molécula mediante a rotación dos enlaces sinxelos. Non obstante, este método é difícil de empregar cando a molécula presenta aneis, xa que as torsións internas non son bos descriptores dos movementos conformacionais deste tipo de estruturas. Para resolver isto, propúxose facer uso das coordenadas de Cremer-Pople (CP), as cales describen as diferentes conformacións que pode adoptar unha molécula cíclica. De querer empregarse para realizar busca conformacional, estas coordenadas presentan unha dificultade: a transformación das coordenadas CP a coordenadas Cartesianas non é unívoca, e o algoritmo actualmente proposto para dita transformación non sempre pode ser aplicado. YR 2025 FD 2025 LK https://hdl.handle.net/10347/44366 UL https://hdl.handle.net/10347/44366 LA glg DS Minerva RD 28 abr 2026