RT Dissertation/Thesis T1 Genomics of Resistance to the Parasite Bonamia ostreae in the European Flat Oyster Ostrea edulis A1 Martínez Sambade, Inés K1 Ostrea edulis K1 Bonamia ostreae K1 Inversions K1 Resistance AB A ostra plana europea (Ostrea edulis) é unha especie de gran relevancia ecolóxica, económica e cultural, cuxo papel como enxeñeira ecosistémica a converte nun compoñente clave dos ecosistemas costeiros europeos. Porén, as poboacións naturais sufriron un acusado declive ao longo do último século debido á sobreexplotación, á degradación do hábitat e, especialmente, á aparición da bonamiose, unha enfermidade causada polo protozoo intracelular Bonamia ostreae. Esta enfermidade provoca elevadas mortalidades nas ostras adultas e constitúe un dos principais obstáculos para a recuperación dos bancos naturais e o desenvolvemento de programas de repoboación. Neste contexto, resulta esencial comprender a base xenética da resistencia e desenvolver ferramentas de selección que permitan producir semente tolerante ou resistente. Nesta tese adoptouse un enfoque multidisciplinar, integrando xenómica de poboacións, estudos de estrutura cromosómica e transcriptómica, co obxectivo de desentrañar os mecanismos xenéticos e moleculares que subxacen á resistencia a B. ostreae. YR 2025 FD 2025 LK https://hdl.handle.net/10347/45444 UL https://hdl.handle.net/10347/45444 LA eng DS Minerva RD 2 may 2026