RT Dissertation/Thesis T1 Museos, edificios históricos e contorna urbana. Ocaso galego (MARCO, Museo da Cidade Quiñones de León, Museo do Mar de Galicia, Museo Provincial de Lugo, Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, Museo de Pontevedra) A1 Coto Orge, María del Pilar K1 contorna urbana / urban enviroment K1 tipoloxía arquitectónica / architectural typology K1 adaptación / adaptation K1 esixencias museolóxicas / museological requirements AB Esta tese aborda diferentes museos galegos situados en edificios históricos dende unha dobre óptica. Aténdese ao museo dende o seu exterior estudando a evolución histórica do seu espazo, os bens inmobles próximos ou lindeiros con este, criterios e perspectivas visuais e a situación do edificio e o carácter da súa contorna. Deste xeito, búscase comprender a implantación urbana do ben en relación coa súa interacción e diálogo cos inmobles próximos. Isto ten como fin realizar unha delimitación da súa contorna. Por outra banda, aténdese ao edificio como obra arquitectónica, para o que se estuda a tipoloxía arquitectónica de cada un dos inmobles preexistentes adaptados ao novo uso museístico, a historia e características arquitectónicas destes edificios e a razón da súa elección para dedicalos a museo. O estudo da arquitectura permite reflexionar sobre o carácter da adaptación a museo do edificio histórico, os criterios de intervención e as esixencias museolóxicas. YR 2017 FD 2017 LK http://hdl.handle.net/10347/15478 UL http://hdl.handle.net/10347/15478 LA glg DS Minerva RD 27 abr 2026