RT Book,_Whole T1 O balance A1 Rodríguez Gil, Luis Ignacio AB A contabilidade encárgase de estudar, medir, rexistrar e comunicardeterminados feitos económicos, co fin de que resulte útil na toma dedecisión e control os distintos axentes económicos (administración pública,entidades financeiras, clientes, provedores, investidores, xestores,propietarios, etc.,). Para cumprir este cometido e comunicar a informacióncontable, previamente elaborada, publican os estados contables. O produtofinal da contabilidade son os estados contables ou estados financeiros queson o resumo da situación económica e financeira da empresa. Os estadoscontables están formados polo balance, a conta de resultados, o estado decambios no patrimonio neto, o estado de fluxos de efectivo e a memoria.Os alumnos de terceiro curso do grao contan cos coñecementosque lles permiten estudar, medir, rexistrar os feitos económicos que é unhadas parte do proceso contable. Con esta materia culmínase a última fasedeste proceso que é a comunicación da información contable os distintosusuarios. Tamén permitirá a interpretación e a obtención de información apartir dos estados contables. Deste xeito, esta unidade é importante para aformación do alumno ao permitirlle unha maior comprensión dofuncionamento contable dunha empresa, ter una visión global de todo oproceso contable, ó tempo que resulta necesaria para o correctodesenvolvemento das unidades posteriores de materias tales como Análisesde Estados Contables. En canto á duración, está deseñada para serdesenvolvida nunhas 5-6 horas entre expositivas e interactivas. PB Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico SN 978-84-9887-736-6 YR 2011 FD 2011 LK http://hdl.handle.net/10347/33984 UL http://hdl.handle.net/10347/33984 LA glg NO Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüística DS Minerva RD 24 abr 2026