RT Generic T1 Toponomástica, documentación histórica e estudo lingüístico: unha aproximación á toponimia maior do concello de Antas de Ulla A1 Santiso Arias, Andrea K1 Toponimia de Antas de Ulla K1 Topónimos galegos K1 Etimoloxía de nomes xeográficos K1 Semántica de nomes xeográficos K1 Nomenclator de Galicia AB O presente traballo ten por obxectivo o estudo da toponimia maior dos 133 lugares en que se dividen as 28 parroquias que conforman o concello lucense de Antas de Ulla. Para este propósito, partirase dos nomes de lugar adscritos ao concello que constan no Nomenclator de Galicia (NG). Ademais, non se descarta a posibilidade de incorporarmos topónimos non recollidos no inventario oficial, pero que nomean igualmente núcleos habitados de Antas. Deste material levarase a cabo unha análise etimolóxica coa finalidade de descubrir a orixe e a evolución de cada topónimo a partir dos datos presentes en fontes documentais e estudos previos. Na medida do posible, achegarase a motivación semántica do material toponímico a partir dunha clasificación en campos toposemánticos. Tamén se realizará, cando for pertinente, unha análise lingüística centrada en aspectos fonéticos e morfosintácticos sobre os topónimos e un contraste entre as formas propostas no NG coa fala oral co fin de advertir diferenzas. Deste xeito, unha vez recompilada e analizada toda a información sobre a toponimia maior de Antas de Ulla, presentarase unha descrición completa da paisaxe toponímica do concello, que abrangue dimensións históricas e lingüísticas YR 2021 FD 2021-06 LK http://hdl.handle.net/10347/27468 UL http://hdl.handle.net/10347/27468 LA glg NO Traballo Fin de Grao en Lingua e Literatura Galegas. Curso 2020-2021 DS Minerva RD 26 abr 2026