RT Generic T1 Illamento e caracterización de bacteriófagos de bacterias causantes da mastite bovina T2 Aislamiento y caracterización de bacteriófagos de bacterias causantes de la mastitis bovina T2 Isolation and characterization of mastitis related bacteria bacteriophages A1 Álvarez López, Lucía K1 Mastite bovina K1 Leite K1 Alternativas aos antibióticos K1 Bacteriófagos K1 Klebsiella pneumoniae K1 Caracterización fenotípica AB A resistencia aos antimicrobianos considérase a pandemia silenciosa. Estímase, que no ano 2050 as bacterias multirresistentes provocarán anualmente 10 millóns de mortes. No caso do ganado leiteiro, a mastite é unha das principais patoloxías que require do uso de antibióticos e nos últimos anos estase a complicar o tratamento das mesmas debido ao aumento das resistencias bacterianas. Como consecuencia, estanse a buscar alternativas ao uso de antibióticos, como é o caso dos bacteriófagos, virus que infectan exclusivamente bacterias. Estes virus teñen un rango de lise pequeno e normalmente cada fago so infecta unha especie bacteriana ou as veces a serotipos específicos de unha especie bacteriana. Isto ten como consecuencia que o tratamento con fagos permita eliminar as bacterias patóxenos sen afectar ao resto da microbiota. O obxectivo de este traballo é illar de mostras de leite e de xurro de granxas de bovino leiteiro e de augas de depuradora, bacteriófagos de bacterias causantes de mastite e realizar unha caracterización dos mesmos para valorar o seu posible uno terapéutico. Illouse o fago de Klebsiella pneumoniae a partir de unha mostra de auga residual empregando a cepa K. pneumoniae CECT 8453. O xenoma de este fago foi secuenciado e presentou una lonxitude de 40564 pares de bases e non codifica no seu xenoma nin xenes de virulencia nin de resistencia, factor importante para o seu uso en terapia con fagos. Ademais, o bacteriófago de K. pneumoniae mostrou unha gran estabilidade a distintas temperaturas (-20 a 60ºC) e pH, excepto a pH 12. Tamén se puido comprobar que non hai diferenzas ante a estabilidade de este fago entre o control (tampón SM) e o leite. O seguinte paso a seguir será facer estudios in vitro e in vivo para determinar o potencial terapéutico do fago illado neste estudo. YR 2023 FD 2023 LK http://hdl.handle.net/10347/31212 UL http://hdl.handle.net/10347/31212 LA glg NO Traballo Fin de Máster en Innovación en Nutrición, Seguridade e Tecnoloxía Alimentaria. Curso 2022-2023 DS Minerva RD 20 abr 2026