RT Generic T1 Historia e actualidade do cabaqueiro A1 Fernández Souto, Raquel K1 Cabaqueiro K1 Xerga K1 Baixo Miño K1 Telleiros K1 Variedades lingüísticas do galego AB O cabaqueiro e unha xerga creada e introducida na comarca do Baixo Miño polos telleiros, maioritariamente homes e algunhas mulleres, que emigraban da comarca para traballar na producción de tellas en Castela. Os telleiros criaron esta xerga con fin comercial por unha banda, e de facer comunidade por outra. Esta fala que naceu no lugar de traballo, foi trasladada até nosa comarca, facendo que léxico cabaqueiro perdure na lingua galega falada nalgunhas parroquias do Baixo Miño a día de hoxe.Para a realización do traballo contamos con artigos realizados polos propios telleiros durante décadas, moitos deles escritos en cabaqueiro e coa sús correspondente tradución, así como algún libro que narra experiencias propias. Esta xerga conta con estudos realizados, como unha recuperación do léxico dos cabaqueiros ou o estudo da formación da súa fala ou, como eles denominan, "o verbo".Neste traballo búscase, por unha banda, mostrar a historia, orixe e características do cabaqueiro e, por outra, realizar un pequeno estudo sobre a influencia e coñecemento da xerga na actualidade. Pretendemos, por tanto,achegar coñecemento sobre unha variedade lingüística formada a partir do galego para a comunicación dentro de un grupo profesional : unha xerga YR 2019 FD 2019-02-28 LK http://hdl.handle.net/10347/23441 UL http://hdl.handle.net/10347/23441 LA glg NO Traballo Fin de Grao en Lingua e Literatura Galegas. Curso 2018-2019 DS Minerva RD 24 abr 2026