RT Book,_Whole T1 Estrutura e funcións celulares A1 Candal Suárez, Eva María K1 Bioloxía celular K1 Bioloxía molecular K1 Bioloxía de sistemas K1 Regulación celular K1 Citoesqueleto K1 Endomembranas K1 Biología celular K1 Biología molecular K1 Biología de sistemas K1 Bioloxía Básica K1 Grao en Matemáticas AB A célula é a unidade básica da vida. Todos e cada un dos organismos están formados por unha ou máis células. Todas estas células comparten características esenciais que se conservaron ao longo da evolución. Por exemplo, todas as células conteñen material xenético que dirixe todas as actividades celulares e se transmite ás células fillas. Todas están rodeadas por unha membrana plasmática que define a identidade da célula, xa que separa o seu contido interno (o citoplasma) do medio externo. Ademais, todas as células eucariotas conteñen varios orgánulos rodeados de membrana, que proporcionan compartimentos especializados con distintas funcións. Estas células posúen ademais unha rede de filamentos de proteínas que proporcionan un armazón que determina a forma celular, a posición dos orgánulos e os movementos da célula no seu conxunto. Polo tanto, comprender a estrutura celular (como é) e como funcionan os seus compoñentes resulta fundamental para descifrar o comportamento celular. Así, poderemos coñecer como o conxunto das actividades da célula se realiza de forma controlada, eficaz e herdable. Nesta unidade faise un estudo da membrana plasmática, dos distintos orgánulos da célula e do citoesqueleto. Estudarase a importancia biolóxica destas estruturas a nivel xeral e as súas funcións na comunicación entre a célula e o seu medio, a síntese, procesamento e transporte de proteínas e lípidos, os distintos tipos de movemento celular e a obtención deenerxía. Analizaremos como a regulación das actividades da célula permite acadar un equilibrio entre crecemento, maduración, división e morte celular.Tamén estudaremos como a alteración dos mecanismos de regulación celular deriva no desenvolvemento do cancro. PB Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico SN 978-84-9887-974-2 YR 2013 FD 2013 LK http://hdl.handle.net/10347/9853 UL http://hdl.handle.net/10347/9853 LA glg NO Titulación: Grao en Matemáticas -- Materia: Bioloxía Básica NO Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüística DS Minerva RD 29 abr 2026