RT Dissertation/Thesis T1 O xurdimento dos castelos na Galiza medieval (ss. VIII-XIII) A1 Lixó Gómez, Carlos K1 castelos K1 castros K1 Galiza K1 Alta Idade Media K1 documentación AB Esta disertación de doutoramento interrógase sobre as orixes dos castelos en Galiza. Aínda que utilizando metodoloxías e recursos diversos, o cerne da pesquisa baséase no estudo dos diplomas conservados nos tombos de Celanova, Samos, Sobrado e o Tombo A da catedral de Santiago de Compostela, a través dos que se enfrontan fundamentalmente dúas cuestións. A primeira é a análise das funcións dos castros antigos na sociedade altomedieval e a súa posíbel relación cos novos modelos de fortificación, deitando luz na aparente indefinición que a terminoloxía castral da documentación galega da altura presenta. A segunda, focada xa nos castelos medievais en si propios, consiste na procura de resposta para as seguintes preguntas: cando xurdiron, para que foron construídos e de quen dependían neses primeiros momentos. YR 2020 FD 2020 LK http://hdl.handle.net/10347/23307 UL http://hdl.handle.net/10347/23307 LA glg DS Minerva RD 26 abr 2026