RT Dissertation/Thesis T1 A construción mediática do conflito político en Galicia: o tratamento de Resistencia Galega na prensa A1 Domínguez García, Helena A2 Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Ciencias da Comunicación. Departamento de Ciencias da Comunicación. Programa de Doutoramento Comunicación Audiovisual e Xornalismo, K1 independentismo K1 conflito K1 propaganda K1 prensa K1 Resistencia Galega AB A presente investigación analiza a construción mediática do conflito político en Galicia, tomando como unidade de análise o tratamento que realizou a prensa do fenómeno Resistencia Galega no período 2005-2014. Partindo dun enfoque crítico e mediante a aplicación de diversas técnicas de análise textual e a realización de entrevistas en profundidade, investigamos o rol que desempeñaron os medios no conflito, é dicir, a maneira en que lle deron voz e visibilidade a identidades e intereses en competencia, e as influencias que exerceu o poder político neste proceso. Para iso, seleccionamos tres cabeceiras que representan distintas posicións ideolóxicas e que pertencen, ao mesmo tempo, a esferas mediáticas diferenciadas, a dos medios dominantes e a dos alternativos. Trátase dos diarios La Voz de Galicia, ABC e o xornal mensual Novas da Galiza. YR 2016 FD 2016-03-21 LK http://hdl.handle.net/10347/13982 UL http://hdl.handle.net/10347/13982 LA glg DS Minerva RD 24 abr 2026