RT Journal Article T1 As mulleres e o sistema periódico A1 Bermejo Patiño, Manuel Rafael A1 González Louro, Lucía A1 González Noya, Ana María A1 Romero Castro, María José A1 Romero, Carmen A1 Pedrido Castiñeiras, Rosa A1 Martínez-Calvo, Miguel AB Nestes últimos anos vimos insistindo sobre o papel que tivo a muller na ciencia ó longo da historia da humanidade. Xa desde a idade antiga as mulleres participaron no desenrolo na ciencia, aínda que os seus nomes non se deron a coñecer tanto como no caso dos homes e o seu traballo foi desprezado ou silenciado na maioría dos casos.3, 4 Esta comunicación ten como finalidade, aproveitando o centenario do pasamento de Dimitri Mendeleev, poñer de manifesto a presenza do xénero no Sistema Periódico. Como non podía ser doutro xeito, as mulleres tamén participaron e participan no descubrimento dos elementos químicos. Mais, como é de grande a contribución feminina nesta investigación? A resposta é clara: moi, moi minoritaria; pero razóns de tipo histórico e cultural poden explicar tal situación. Aquí e agora queremos amosar, coma unha homenaxe máis neste aniversario de Mendeleev, en que modo está presente o feminino no Sistema Periódico dos elementos. PB Universidade de Santiago de Compostela SN 0214-7807 YR 2007 FD 2007 LK http://hdl.handle.net/10347/32946 UL http://hdl.handle.net/10347/32946 LA glg NO Boletín das Ciencias, ano 20, n. 64 (2007) DS Minerva RD 27 abr 2026