RT Book,_Section T1 Algunhas notas sobre vocabularios e outros traballos lingüísticos da época pregaleguista A1 Suárez Vázquez, Damián K1 Galego (Lingua) K1 Gallego (Lengua) K1 Galician (Language) K1 Edición de textos K1 Text editing AB A contribución que preparamos para este volume recolle, en boa medida, a nosa intervención no Simposio “Lingua galega e comunicación nos inicios da Idade Contemporánea”, celebrado en novembro de 2009. Ocupámonos daquela, e facémolo agora por escrito, dos textos de corte lingüístico que chegaron ata nós producidos sobre o galego ao longo do período pregaleguista, entre os cales predominan os traballos de tipo lexicográfico, como veremos máis adiante. Non pretendemos levar a cabo un estudo completo e detallado de cada unha das pezas conservadas, tarefa que xa foi realizada polos seus diferentes editores en maior ou menor medida; a eses estudos, xunto á imprescindible lectura dos propios textos, remitimos a quen desexe profundizar na historiografía lingüística galega das primeiras décadas do século XIX. O que poderá atopar o lector nas páxinas que seguen é unha descrición xeral das obras conservadas, coa indicación precisa da súa localización e reproducións. Na medida do posible, tratarase de achegar informacións novidosas, especialmente no relativo á autoría dalgunhas pezas que pasaban ata o de agora por anónimas. O traballo complétase con mostras fotográficas dalgúns manuscritos e coa edición dunha das obras comentadas, dedifícil acceso na actualidade. PB Consello da Cultura Galega PB Instituto da Lingua Galega YR 2012 FD 2012 LK http://hdl.handle.net/10347/9659 UL http://hdl.handle.net/10347/9659 LA glg NO Suárez Vázquez, Damián (2012). Algunhas notas sobre vocabularios e outros traballos lingüísticos da época pregaleguista. En: "Papés d’emprenta condenada (II). Lingua galega e comunicación nos inicios da Idade Contemporánea" (pp. 385-426). Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega / Instituto da Lingua Galega DS Minerva RD 24 abr 2026