RT Dissertation/Thesis T1 A medición da desigualdade. Análise da situación galega no marco do estado das autonomías A1 Troitiño Cobas, Ánxela K1 Desigualdade K1 Índices de benestar K1 Criterios de ordenación K1 Benestar-renda K1 Galicia AB Esta tese estructúrase en dúas partes: i) análise do marco teórico para a medición da desigualdade e do benestar-renda e, ii) cuantificación empírica en base ós datos da EPF 1990/91 e ós do ingreso reconstruído de Pena Trapero (dir) (1996) dos ditos fenómenos no conxunto de España e por Comunidades Autónomas, adicándolle unha atención especial á Comunidade Galega. O estudio do marco teórico abórdase tanto dende un enfoque conceptual como cuantitativo. Dende o primeiro, estúdiase o papel da igualdade e os ámbitos nos que esixir esta cara á consecución dunha organización social xusta. Dende o eido cuantitativo, logo de achegar a definición de medida de desigualdade e analizar as súas propiedades, estúdiase un amplo conxunto de medidas, facendo fincapé nos seus límites e propiedades. Tamén se analizan diferentes criterios de ordenación parcial equivalentes ó de Lorenz e/ou ó de Shorrocks, e outros criterios aplicables cando os anteriores fallan. Na aplicación empírica compáranse as Comunidades en canto á desigualdade relativa, absoluta e benestar-renda, tendo en conta tres variables (gasto declarado, ingreso declarado e ingreso reconstruído) a través dun amplo conxunto de medidas (curvas e índices). Afóndase na análise da desigualdade e do benestar-renda en Galicia clasificando a poboación total segundo certas características dos fogares (tipo de fogar, tamaño do municipio,…) ou do sustentador principal (sexo, idade, nivel de estudios, condición socioeconómica, categoría socioprofesional, etc). YR 2000 FD 2000 LK http://hdl.handle.net/10347/17619 UL http://hdl.handle.net/10347/17619 LA glg DS Minerva RD 28 abr 2026