RT Journal Article T1 Marie Anne Paulze: as súas achegas científicas A1 González Noya, Ana María A1 Fernández-Fariña, Sandra A1 Bermejo Patiño, Manuel Rafael A1 Pintos Barral, Xoana AB Son moit@s @s científic@s que teñen amosado un interese especial pola figura e a personalidade científica de Marie Anne Paulze Lavoisier publicando as máis variadas achegas ao longo dos últimos anos (Fernández, 2000; Bermejo e Pintos, 2011; Bermejo, 2013), pero todo o feito non semella dabondo para todo canto cremos significou a súa figura na historia da ciencia moderna. O noso interese polo estudo da figura de Marie Anne Paulze levounos a participar en moitas actividades para pór no seu lugar a esta científica salientable do século XVIII. En todas estas actividades tratamos de estudar e poñer en valor a labor científica de Marie Anne (González Noya et al., 2019; Pintos e Bermejo, 2010; Pintos et al. 2016). Nesta palestra presentaremos o noso estudo sobre as achegas científicas que temos atopado e que consideramos como pertencentes a Marie Anne. No noso afán por informar, divertir e educar traemos, novamente, a figura de Marie Anne Paulze Lavoisier para presentar as súas achegas científicas cunha intención clara: reivindicar o seu papel como científica. PB Universidade de Santiago de Compostela SN 0214-7807 YR 2021 FD 2021 LK http://hdl.handle.net/10347/32993 UL http://hdl.handle.net/10347/32993 LA glg NO Boletín das ciencias, ano 34, n. 93 (novembro), 2021 (Exemplar dedicado a: XXXIV CONGRESO DE ENCIGA), páxs. 55-56 DS Minerva RD 23 abr 2026