RT Book,_Whole T1 O Convenio Europeo da Paisaxe como marco para a ordenación da paisaxe A1 Paül Carril, Valerià K1 Paisaxe K1 Paisaje K1 Políticas paisaxísticas K1 Políticas paisajísticas K1 Obxectivo de calidade paisaxística (OCPs) K1 Objetivo de calidad paisajística (OCPs) K1 Protección das paisaxes K1 Protección de los paisajes K1 Xestión das paisaxes K1 Gestión de los paisajes K1 Ordenación paisaxística K1 Ordenación paisajística K1 Convenio de Aarhus de 1998 K1 Convenio Europeo da Paisaxe (CEP) K1 Convenio Europeo del Paisaje (CEP) K1 Estudos de impacto e integración paisaxística K1 Estudios de impacto e integración paisajística K1 Observatorio Galego da Paisaxe K1 Observatorio Gallego del Paisaje K1 Estratexia da paisaxe galega K1 Estrategia del paisaje gallego K1 Xestión Territorial da Paisaxe K1 Grao en Xeografía e Ordenación do Territorio AB Esta unidade didáctica achega o contido central da materia de Xestión territorial da paisaxe, de carácter obrigatorio no cuarto curso do Grao en Xeografía e Ordenación do Territorio. En efecto, se a materia no seu conxunto se dirixe á consideración da paisaxe desde a ordenación e a xestión territoriais, esta unidade en particular permite aproximarse ao instrumento clave que permite esta abordaxe: o Convenio Europeo da Paisaxe (CEP). Desde o ano 2000, cando foi asinado este documento transcendente en Florencia, a ordenación e a xestión da paisaxe fanse case sen excepcións baixo este marco normativo. De feito, no caso español, as distintas leis autonómicas que implantan as políticas da paisaxe como tales parten de forma deliberada do CEP, o cal recoñecen como fonte principal das súas determinacións. De todos os xeitos, é obvio que entre o estritamente estabelecido no CEP e as diferentes normativas, lexislacións ou praxes de planificación que se están a desenvolver en cada territorio en Europa ou no Estado español, á escala que sexa, hai diferenzas que nesta unidade tamén serán obxecto de atención. Dunha banda, a consideración da paisaxe forma parte do mellor da historia científica da xeografía. Por pór un exemplo altamente revelador, un dos persoeiros considerado «pai» da xeografía moderna, Alexander von Humboldt (Berlín, 1769-1859), situou a paisaxe no centro da súa reflexión. Doutra banda, a paisaxe constitúe na actualidade un argumento central nos documentos de planificación territorial e urbanística, así como nas estratexias de desenvolvemento local e territorial; deste xeito, é fundamental para o desenvolvemento das destrezas laborais en xeografía que o alumnado comprenda plenamente o significado da paisaxe e dea distinguido que engade esta na ordenación e xestión territoriais, en particular diferenciándoo de conceptos concomitantes como medio ambiente ou territorio. Por estas razóns, a materia ofrece un equilibrio entre contidos de tipo teórico-conceptual, dunha banda, e aspectos metodolóxicos e prácticos, da outra. En coherencia con esta formulación xenérica, a abordaxe do CEP conxugará ambos os dous na medida do posíbel. PB Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico SN 978-84-15876-28-1 YR 2013 FD 2013 LK http://hdl.handle.net/10347/10213 UL http://hdl.handle.net/10347/10213 LA glg NO Titulación: Grao en Xeografía e Ordenación do Territorio -- Materia: Xestión Territorial da Paisaxe NO Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüística DS Minerva RD 27 abr 2026