RT Dissertation/Thesis T1 Deep Generative Models in Process Mining A1 Gamallo Fernández, Pedro K1 Minería de Procesos K1 Intelixencia Artificial K1 Aprendizaxe Profunda K1 Modelos Xerativos Profundos AB Nos últimos anos, a aprendizaxe profunda consolidouse como unha ferramenta prometedora para abordar diversas tarefas no ámbito da minería de procesos. Con todo, a maioría dos enfoques existentes teñen prestado pouca atención ao xeito en que se representan os eventos e as trazas de execución, o que limita a súa capacidade para capturar a complexidade inherente aos procesos reais. Nesta tese, exploramos o potencial dos modelos xerativos profundos, especialmente da familia dos autoencoders e as súas variantes, para aprender representacións latentes adaptadas ao contexto dos procesos, capaces de reflectir tanto as dependencias estruturais como as relacións contextuais presentes nos rexistros de eventos. Propoñemos tres arquitecturas innovadoras que permiten xerar representacións compactas e informativas, imputar valores faltantes de maneira eficiente e detectar anomalías nas execucións dos procesos. YR 2025 FD 2025 LK https://hdl.handle.net/10347/43832 UL https://hdl.handle.net/10347/43832 LA eng DS Minerva RD 29 abr 2026