RT Journal Article T1 Foto-grafías: mulleres migrantes galegas e irlandesas A1 Palacios González, Manuela K1 Emigración K1 Mulleres K1 Galicia K1 Irlanda K1 Fotografía K1 Literatura AB Este artigo analiza unha serie de descricións, feitas por escritores e escritorasde Irlanda e Galicia, de fotografías de mulleres migrantes. Estas dúascomunidades experimentaron varios episodios de emigración masiva nosdous últimos séculos, pero o papel das mulleres neses movementos migratoriosnon está aínda suficientemente estudado, especialmente desde unhaperspectiva comparada. A análise comparada da experiencia da migracióne da súa representación non só nos amosa a relevancia recíproca dos acontecementose dos seus relatos para as dúas comunidades, senón que permitepoñer o foco sobre aspectos salientados nunha pero inadvertidos naoutra, achegando deste xeito novos criterios de análise. Este artigo estáenmarcado nos debates actuais sobre a perspectiva de xénero nos estudosmigratorios e examina o impacto emocional da migración facendo uso dasrecentes achegas dos estudos de trauma. Ademais de considerar o valorsociolóxico das fotografías como rexistro da experiencia persoal e colectiva,reflexiónase sobre as dúas preguntas máis relevantes que, segundo SusanSontag (1977), introduciu a fotografía e resultan de crucial importancia parao estudo destes documentos persoais: que merece a pena observar e quetemos dereito a observar? PB Bangor University & University College Cork SN 2040-7181 YR 2015 FD 2015 LK http://hdl.handle.net/10347/16908 UL http://hdl.handle.net/10347/16908 LA glg NO Manuela Palacios. "Foto-grafías: mulleres migrantes galegas e irlandesas". Galicia 21. Journal of Contemporary Galician Studies. Issue F (2014-2015): 5-23. NO Artigo de revista sobre muller e migración na literatura e na fotografía NO Este artigo é resultado dos proxectos de investigación ‘Exsistere’ e ‘Eco-ficcións’ (Ministeriode Economía y Competitividad / FEDER FFI 2012-35872, FEM 2015-66937-P). Igualmente, está enmarcado na investigación dos grupos ‘Lingua e literatura inglesa e identidadeII’ (r 2014/403) e ‘Discurso e Identidade’ (GRC 2015/002 GI-1924) financiados pola Xunta de Galicia. DS Minerva RD 28 abr 2026