RT Book,_Whole T1 Estéticas de vangarda. Fernando Pessoa A1 Bello Vázquez, Raquel AB A Unidade “Estéticas de Vanguarda –Fernando Pessoa” insírese nunha disciplina de introdución ás Literaturas de Lingua Portuguesa, leccionada no primeiro ano do grao de Linguas e Literaturas Modernas e no Maior en Lingua Portuguesa e Literaturas Lusófonas.A materia Literaturas de Lingua Portuguesa é o primeiro contacto do estudantado coa historia das literaturas de lingua portuguesa, e abrangue o período temporal que vai desde a Idade Media até a actualidade, con especial atención aos procesos de canonización e á incidencia de cada literatura particular no seu espazo cultural. Está situada no inicio da formación do Maior, asumíndose como materia base para os posteriores estudos de literatura e culturas de lingua portuguesa. Espérase que estudantado adquira paralelamente uns coñecementos básicos de Teoría Literaria na materia correspondente do mesmo ano.A formación aquí adquirida é necesariamente panorámica e está deseñada para poder ser complementada coas materias de Literatura e Cultura do Maior.Na materia son proporcionados contidos de carácter xeral sobre as principais correntes estéticas detectadas nas diferentes literaturas do contexto cultural lusófono, así como as relacións entre estas e os acontecementos sociais, políticos e culturais que se producen en cada país específico, nos países de lingua portuguesa no seu conxunto e nos seus contextos xeo-culturais específicos. PB Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico SN 978-84-9887-539-3 YR 2010 FD 2010 LK http://hdl.handle.net/10347/33958 UL http://hdl.handle.net/10347/33958 LA glg NO Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüística DS Minerva RD 20 abr 2026