RT Journal Article T1 Estudo motivacional das denominacións galegas de “hijo menor” no ALPI A1 Mouzo Villar, Rosa K1 Fillo menor K1 Fillo tardío K1 Motivación K1 Motivación conceptual K1 Motivación metafórica K1 Motivación onomatopeica K1 Motivación expresiva AB O obxectivo do presente traballo é realizar un estudo motivacional das formas galegas que aparecen recollidas no Atlas Lingüístico da Península Ibérica para a pregunta hijo menor. A nosa análise consiste en clasificar e estudar as diferentes formas rexistradas, segundo a motivación que provoca a elección duns determinados nomes que van ligados a un novo referente. Para acadar este obxectivo, seguindo o esquema presentado por Alinei (2002), foi necesario realizar pesquisas etimolóxicas e tamén semánticas, que nos facilitaron o coñecemento da motivación de cada denominación e que nos permitiron establecer as agrupacións. Non sempre foi unha tarefa doada dado que, na maioría dos casos, a motivación non é transparente, xa que aínda que está presente na conciencia dun falante cando a crea, esa conciencia pode chegar a perderse co paso do tempo. PB Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico SN 1889-2566 YR 2012 FD 2012 LK http://hdl.handle.net/10347/6133 UL http://hdl.handle.net/10347/6133 LA glg NO MOUZO VILLAR, Rosa: «Estudo motivacional das denominacións galegas de “hijo menor” no ALPI», Estudos de Lingüística Galega, vol. 4 (2012). ISSN 1889-2566, pp. 67-86 DS Minerva RD 27 abr 2026