RT Generic T1 BAF (Benestar, amizade e futuro): programa de promoción da inclusión social en Educación Primaria a través do uso de cromos T2 BAF (Bienestar, amistad y futuro): programa de promoción de inclusión social en Educación Primaria a través del uso de cromos. T2 BAF (Welfare, friendship and future): social inclusion promotion programme on elementary education through the use of trading cards. A1 Amenedo Seijas, Andrea A1 Besteiro Lago, María A1 Fernández García, Alba María K1 Inclusión K1 Habilidades socioafectivas K1 Cromos K1 Programa educativo K1 Educación primaria AB O modelo de inclusión que lidera as últimas políticas educativas leva a asumir un esquema social onde as diferenzas individuais non desaparecen, senón que se busca a creación dun ambiente onde cada persoa se sinta valorada, respectada e sexa quen de participar plenamente para alcanzar o seu potencial máximo. Este ideal lexislativo, tan aparentemente eficaz a nivel teórico, non sempre se traduce de forma efectiva na realidade das aulas de Educación Primaria.A dimensión socioafectiva composta, segundo a Organización Mundial da Saúde (OMS), por destrezas emocionais, socias e cognitivas, debe ser un piar fundamental a traballar para lograr dita inclusión. Estas habilidades non son innatas; adquírense, mellóranse e adéstranse ao longo da vida. O ámbito da educación formal é un espazo idóneo para o traballo destas, tanto polo seu potencial carácter compensador, como pola posibilidade única que ofrece de establecer relacións entre iguais, aspecto de gran relevancia no desenvolvemento de ditas habilidades.Co obxectivo de achegar e facilitar o adestramento de destrezas socioafectivas, no presente traballo recóllese o deseño dun programa de intervención educativa. Empregando unha baralla de cromos de elaboración propia como elemento motivador e os seus personaxes como fío condutor, esta proposta pretende involucrar a todo o alumnado de Educación Primaria do centro educativo no que se aplique. A través de actividades lúdicas e a interacción entre crianzas, ten como obxectivo principal promover a inclusión social creando unha comunidade educativa cohesionada e equitativa. YR 2024 FD 2024-12-09 LK https://hdl.handle.net/10347/38035 UL https://hdl.handle.net/10347/38035 LA glg DS Minerva RD 23 abr 2026