RT Dissertation/Thesis T1 Solitóns asociados a ecuacións de evolución xeométrica e estruturas quasi-Einstein A1 Valle Regueiro, Xabier K1 Solitóns de Ricci gradientes K1 Extensións de Riemann K1 Superficies homoxéneas AB A ecuación quasi-Einstein aparece de forma natural no contexto da xeometría riemanniana. O noso propósito nesta primeira parte da tese é dar a estrutura local das variedades quasi-Einstein hemi conformemente chás. Distinguimos dúas posibilidades: o gradiente da función potencial é isotrópico ou non isotrópico. Este segundo caso dá lugar a produtos warped con base dada por un intervalo real e fibra Einstein. Se, polo contrario, o gradiente da función potencial é isotrópico, entón a variedade é localmente unha extensión de Riemann dunha superficie afín. Ademais, no proceso de busca da estrutura local, tamén obtemos un método de construción de exemplos quasi-Einstein que consiste en atopar solucións para unha ecuación afín sobre unha variedade afín. Isto lévanos ao estudo da ecuación quasi-Einstein afín que se estuda na segunda parte desta tese. YR 2019 FD 2019 LK http://hdl.handle.net/10347/19803 UL http://hdl.handle.net/10347/19803 LA glg DS Minerva RD 29 abr 2026