RT Journal Article T1 A clasificación das variedades dialectais do galego de Ricardo Carvalho Calero A1 Dubert García, Francisco K1 Ricardo Carvalho Calero K1 dialectoloxía galega K1 historia da lingüística galega K1 galego K1 portugués AB Neste traballo pretendo analizar a obra dialectolóxica de Ricardo Carvalho Calero; en concreto, voume centrar na súa proposta de clasificación das variedades dialectais do galego. Para iso, presentarei, en primeiro lugar, a súa visión do galego como lingua unitaria: aínda que presenta variación dialectal, non contén dialectos no seu interior, senón entidades que el denomina modalidades. En segundo lugar, prestarei especial atención a como elaborou a súa clasificación, ós seus presupostos teóricos e describirei a proposta en si mesma. Tamén analizarei algunhas das críticas que outros autores realizaron sobre aquela. A análise sobre este último aspecto non ten un mero valor historiográfico local, senón que oculta importantes cuestións teóricas previas á realización das investigacións dialectais. Finalmente, conclúo que, a pesar da pouca información con que don Ricardo contaba, a súa organización das falas galegas estaba ben fundamentada e segue a merecer o noso respecto. PB Ediciones Complutense SN 1138-9664 YR 2021 FD 2021-12-23 LK http://hdl.handle.net/10347/32847 UL http://hdl.handle.net/10347/32847 LA glg NO Dubert-García, Francisco (2021). A clasificación das variedades dialectais do galego de Ricardo Carvalho Calero. Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, 24, 69-80. NO Ministerio de Ciencia, Investigación y Universidades PG-C2018-095077-B-C44 Xunta de Galicia ED431C 2021/20 DS Minerva RD 29 abr 2026