RT Generic T1 Consello de Administración. Presenza feminina nas empresas do sector do petróleo e enerxía do Ibex35 A1 Rodríguez Padín, Rocío K1 Consello de administración K1 Consejo de administración K1 Sector do petróleo e a enerxía K1 Sector del petróleo y la energía K1 Ibex35 K1 Igualdade de xénero K1 Igualdad de género K1 Paridade nas empresas K1 Paridad en las empresas AB O obxectivo fundamental deste traballo é analizar a presenza da muller nos consellos de administración (en adiante CA) das empresas do sector do petróleo e a enerxía do IBEX35. Para realizar o estudo utilizouse como fonte de información os informes anuais de goberno corporativo (en adiante IAGC) que deben presentar cada exercicio as propias empresas.En termos xerais, os resultados acadados indican que existe unha ampla variabilidade nas empresas deste sector en canto á participación feminina nos CA. Aínda que ningunha das empresas acada a paridade en termos de xénero, Red Eléctrica e Iberdola sitúanse mais preto dela e superan a día de hoxe o obxectivo do 30% de mulleres no CA fixado polo Código de Bo Goberno Corporativo (en adiante CBG) para o ano 2020. No extremo oposto, Repsol e Endesa están moi lonxe de acadar este limiar.A pesares de que existe normativa que avoga pola paridade nos CA, esta non ten carácter obrigatorio. Xa que logo, nas altas esferas dalgunhas empresas continúa existindo unha brecha significativa en materia de igualdade de xénero. YR 2017 FD 2017 LK http://hdl.handle.net/10347/16158 UL http://hdl.handle.net/10347/16158 LA glg NO Traballo de Fin de Grao en Administración e Dirección de Empresas Curso DS Minerva RD 24 abr 2026